Imprimir pode ser sostible se sabes como, e en Grafinco preocupámonos porque a nosa actividade sexa o máis ecolóxica posible.
Grazas ao noso sistema de impresión por demanda, tampouco producimos máis do necesario, reducindo o stock e freando o impacto medioambiental. Combinamos a nosa actividade de impresión tecnolóxica co noso obradoiro artesanal de acabados, aforrando o máximo de enerxía en todo o proceso de produción.
No noso sistema de xestión interno, procuramos adoptar unha serie de rutinas que axuden ao proceso sostible de consumo. Reciclamos tamén todos os materiais de oficina que utilizamos apoiando así a todo o proceso ecolóxico implantado na nosa imprenta.