A impresión dixital é unha mentalidade, un concepto que combina diferentes servizos. Non é só imprimir, senón dar unha resposta rápida e áxil. Ofrecer un orzamento en 5 minutos. Producir e entregar un proxecto en 24 horas. Trátase de sumalo todo. Tecnoloxía, soportes, acabados,… sen obrigacións de cantidades mínimas e ademais en menos tempo.
Con clara vocación de futuro, Grafinco é unha imprenta 100% dixital e aposta por todas as novas ferramentas dixitais que saen ao mercado. Fálanos do teu proxecto e axudarémoste a facelo realidade.
Acuñados, relevos, vernices, impresión sobre plástico, tinta branca, tintas metálicas, tintas directas… practicamente non hai nada que se lle resista á imprenta dixital actual.