Coñécenos

  • 1

    Grafinco é unha imprenta con sede en Lugo

    A creatividade é universal pero eliximos enfocarnos xeograficamente en Galicia.

  • 2

    Empezamos co proxecto hai tempo

    Os primeiros traballos saíron en 2000

  • 3

    Dende o principio, tivémolo claro

    Para que algo funcione, hai que poñerlle actitude. Grazas á nosa maneira de ser e de facer, hoxe somos unha empresa especializada en deseño e impresión que achegamos solucións orixinais adaptadas ás necesidades de clientes.

  • 4

    O que nos move, de verdade, en Grafinco, é a paixón polas ideas

    Deseñamos o que imaxinas e o que non paraaxudarche a transmitir,impactar e conseguir un resultado efectivo.

  • 5

    A nosa maior motivación son as persoas

    Como parte de Galega de Economía Social, COGAMI Empresarial , compartimos unha visión que nos inspira: a inclusión laboral de persoas con discapacidade. Formamos un gran equipo de persoas entusiastas ás que nos encanta o noso traballo.

  • 6

    Participamos en todas as fases do proceso para que o resultado sexa sempre brillante

    Pensamos contigo. Asesorámosche e axudámosche a atopar os soportes ideais e o mellor sistema de impresión para facer realidade o teu proxecto.

  • 7

    Para conseguir o material co que traballamos tivemos que dar moitas voltas

    E cargar moitos quilos, e aínda non terminamos. Dispoñemos de máquinas de impresión de última tecnoloxía para afrontar calquera reto coa mellor calidade posible.

  • 8

    Inspíranos a mellora continua

    Sempre estamos á procura novas e mellores formas de seguir progresando. Observamos, investigamos, evolucionamos e seguimos formándonos día a día. Porque sexa o que sexa que fagamos hoxe, poderemos facelo mellor mañá.

  • 9

    A nosa maior recompensa é a satisfacción da/o cliente

    Escoitar e responder. Con transparencia e honestidade, con proximidade e sinxeleza.

  • 10

    En Grafinco non coñecemos a palabra imposible

    Traballamos con mimo, cumprimos prazos e cubrimos todos os formatos: papel, lona, vinilo, rotulación... Ofrecemos diferentes soportes para as túas ideas.