Servizos


Impresión Offset e Dixital

¿Offset ou dixital? Depende de se vas a imprimir mil ou un milleiro, se o necesitas para mañá ou podes esperar a pasado...Todo inflúe e unha non quita a outra.

Xa sexan en offset ou dixital, dedicámonos á impresión de revistas, libros, catálogos corporativos... incluíndo sempre a encadernación adecuada.

impresión digital de gran formato

Non importa o tamaño, tampouco a cantidade. A impresión de gran formato está dentro do noso catálogo. Se necesitas que a túa mensaxe vista tallas nunca vistas, Grafinco dispón dos medios necesarios para producila.

Impresión sobre soporte ríxido: Grafinco ofrece impresión dixital de gran formato e alta produción sobre soportes ríxidos de ata 32x70 cm.

Impresión sobre soporte flexible: como lonas, vinilos ou téxtiles. Impresión dixital de gran formato sobre bobinas de ata 5 metros de ancho.

impresión offset en tamaños sorprendentes

A nosa oferta de impresión en offset inclúe tamaños ata 52×70 cm. E non é que importe o tamaño, pero si os requirimentos do teu proxecto.



Impresión Expositores

Todo importa porque todo comunica. Cando lanzas un produto a forma é tan importante como o fondo. Os expositores ou a rotulación dos espazos propios son elementos que axudan a potenciar o fondo sen descoidar esas formas que marcan unha primeira impresión.

Tótemspara que che vexan

En Grafinco ocupámonos da produción de expositores de produto. De calquera tamaño e para calquera uso. Para un único produto ou para toda unha liña.

Rotulación con vinilo

Sácalle partido ao teu escaparate cunha boa rotulación. En Grafinco deseñamos, producimos e instalamos a imaxe que máis e mellor te defina para que ninguén te confunda.

O vinilo ofrece acabados perfectos e moi rechamantes que se poden aplicar case sobre calquera superficie.

Vinilo electroestático, microperforado ou de corte, liso ou con textura…Grafinco asesorarache sobre o material que mellor se adapte ás túas necesidades.



Impresión Acabados

Son tan importantes os acabados e encadernados como o propio traballo de impresión. Ofrecemos gran flexibilidade, dende laminados brillo ou mate, acuñes láser, texturas en verniz(selectivo ou con reservas de brillo), cantos romos, entre outros.

Combinamos a última tecnoloxía cun proceso puramente artesanal, ofrecemos un servizo especializado que se adapta ás necesidades de cada proxecto.

Podemos facer todo tipo de encartados e encadernacións alternando o noso servizo artesanal cun proceso mecanizado dependendo da tirada.