Maio é un mes especial na loita pola protección do medio ambiente: o 17 foi o día escollido pola UNESCO como o Día Mundial da Reciclaxe, unha oportunidade de ouro para lembrar a estratexia de «Reducir, Reutilizar e Reciclar», que busca promover unha maior responsabilidade ambiental tanto desde o punto de vista das persoas consumidoras como das responsables de extraer as materias primas e transformalas en bens de consumo.
En Grafinco estamos orgullosas/os de contar cunha política consecuente con estas premisas ambientais. O noso compromiso reflíctese no uso de celulosa obtida de bosques xestionados de maneira sostible, na nosa política para reducir emisións á atmosfera e no emprego de materias primas recicladas.