Se hai algo que nos distingue doutras imprentas é que podemos traballar coa maioría de papeis existentes no mercado.
Utilizamos papeis reciclados, texturizados e papeis de algodón que reproducen con total fidelidade a cor de calquera proxecto. Podemos traballar dende 60 gr a 360 gr adaptándonos así ás necesidades de cada proxecto. E se o que queremos é conseguir un acabado mate, agora coa laminadora podemos cubrir as zonas brillantes do sistema dixital logrando un acabado totalmente “offset”.
Ademais, en Grafinco preocupámonos de que a nosa actividade sexa sostible, así que todos os nosos papeis contan con certificado FSC, empregamos tintas biodegradables e solubles en auga, sen necesidade de alcol, e calquera material non contaminante. Grazas ao noso sistema de impresión por demanda, tampouco producimos máis do necesario, así non xeramos residuos sen sentido.