Que pasa cada vez que compras as túas caixas de embalaxe en Grafinco?
Fas moi feliz a alguén coa túa sorpresa! Pero sabías que tamén fas algo moi importante para a diversidade e a inclusión no mundo laboral? Cada vez que fas un pedido con nós, pos o teu gran de area para conseguir unha sociedade máis xusta para todas as persoas.
Grafinco é un proxecto de persoas para persoas
Comprando en Grafinco, contribúes a un labor social, axúdasnos a crear emprego de calidade para persoas con discapacidade. Somos un centro especial de emprego, pertencemos a Galega de Economía Social e formamos parte do proxecto empresarial de COGAMI.
A nosa misión é axudar a mellorar a calidade de vida das nosas persoas traballadoras e a das súas familias. Respectamos os principios de igualdade de oportunidades, autonomía persoal, non discriminación e plena inclusión social e laboral.
Traballamos con ilusión para que o teu agasallo sexa todo un éxito
Creamos caixas, estoxos ou adhesivos de agasallo coas máis orixinais e sedutoras combinacións de produtos. Na nosa web podes atopar a nosa liña de packaging para particulares e empresas e caixas de regalo personalizadas.
Temos unha chea de ideas para celebrar e querémolas compartir contigo. Gústache regalar? A nós encántanos.