En Grafinco gústanos apostar pola creatividade e facelo desde o movemento e a acción. Estamos a vivir un proceso de renovación para adaptarnos ás novas esixencias do mercado actual e é neste momento de cambio que chegan novas máquinas e equipamentos técnicos que permiten, ademais de deseñar, imprimir e manipular, realizar traballos de embalaxe de caixas, estoxos ou adhesivos.
Por mor desta evolución do contido e a alma de Grafinco, máis centrado na produción, o propio lugar físico acompañou este cambio adaptándose ás novidades.
Quixemos dar un paso máis nesta liña remodelando o espazo nas nosas instalacións. Tócanos celebrar que Grafinco transformouse nun moderno, acolledor e perfectamente equipado lugar de traballo; sempre aberto a ser compartido con todas aquelas empresas afíns que estean a buscar esa imprenta que verdadeiramente as represente.